LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

BARXA: Amigo Inda, vexo na tua mensaxe que coñeces ben a geografia...

21 metros, e crecendo. Vou de pesca, e veña soltar e deixar na auga troitas e troitas... De 21 cm, de medio metro, de metro e medio...
O río do Pereiro ven sendo o mesmo que o de Barxa. ¿Ou non?

Amigo Inda, vexo na tua mensaxe que coñeces ben a geografia fisica do noso entorno, efectivamente, o rio que pasa polo Pereiro o cal creo alí lle chaman Albaredos non sei como lle chaman os do Tameiron, pero os de Barxa lle chamamos "Moás"o cal se xunta co de Pentes que leba pra nos o nome de "rio Pentes"e logo unha vez xuntos os dous, recorren un tramo dun Km, pra logo xuntarse co que pasa xusto polo pobo de Barxa que se chama en todo o seo curso "Ribeiriña", e xa os tres xuntiños entran en Portugal, pra formar o "Rabaçal"e logo se xunta co Cabanelas e co Mente antes da Barragem (presa) de Rebordelo e unha vez que a presa os deixa marchar a 5Km.+- vanse xuntar co Tuela que creo trae as augas de Lubian. Pensome quenon me trabuquei.
No rio Moás fixen ai pra 28 anos boas pescatas coa cucharilla e mais co saltón asta Veigadallas que nesa poza algunhas lle quitei, e malo de andar polos penedos que ten. Espero con esto aclarar algunha duvida respeito os rios do entorno, aunque o amigo INDA CHO SEI, e dificil aclararlle dudas porque ten as ideas claras......
Unha aperta de carballo


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España