Compramos energía a futuro

BARXA: Prezado amigo Pingadelo: Non podo por menos que felicitarte...

Prezado amigo Pingadelo: Non podo por menos que felicitarte polo conto que supoño realidade. Teño que contar unha historia de hay corenta anos en BARXA sendo eu monaguillo, obrigado por miña mai y a maestra do pobo, que eu daba cataqueses os mais novos cando confirmaban ou facian a primeira comunión é lebaba a cruz nos enterros, e os faroles outros dous mais novos ca min, tempos aqueles nos que habia que comprar a bula para poder comer carne na coresma porque senon se compraba pecabase....
Habia unha muller chamada Maria que faleceo hay trinta anos que tiña a sua cadeira ou reclinatorio nas primeiras filas da igrexa cara o altar, e pasaba toda a misa rezando, e na queles tempos no vran nonsendo no tempo da herba e da sega do centeo (seitura) durmiase a sesta. Pois Maria non a durmia ia a rubarlle os pementos tomates e a froita os veciños cun cesto de bimbios e traia tapada cun mandil, esta muller esqueciame decir que comulgaba muy amiudo e as veciñas as veces preguntabanlle como comulgaba sin confesarse antes sempre respostaba o mesmo que ela non pecaba, supoño que hoxe estará no inferno ou no purgatorio porque ela os pecados que cometia eran" grave sacrilexios nin mortais nin beniais" este feito foi verdade.
Lembro que os arados de vertedera éran para facer adecrua e logo se entravesaba co de madeira ou romano e logo se agradaba a terra pra logo sementala aunque os sucos torcidos daban froito igual, teño que decir que nas frieiras o millor faise a laboura doutra maneira espero que se me trabuco mo espliquen os espertos que por terras do concello da Mezquita e terras de LUBIAN hay bastantes
Sen mais unha aperta sinceira deste amigo voso