A VILAVELLA: Moitísimas grazas padriño. Por certo, púxome un nome...

COMO MATEMÁTICO, IMOS INTENTAR DESPEXAR A INCOGNITA

Nunha das aldeas das Portelas vivía daquela unha mociña linda coma unha camelia.
Inda que levaba as vacas da casa aos prados e faceiras, ela sempre tiña a cara lavada e a roupiña inmaculada. Cheiraba á herba das pallaregas, de tantos mollos que tiña atado para acomodar a facenda. E as súas meixelas viñan sendo dous caraveliños da China.
Era a rapaza máis pescudada polos mozos da contorna. Pero o que máis a acaroaba era sen dúbida un do alto da Portela, moi ben parecido el, ao que chamaban Xeitosiño. Que ela ía coas vacas para as Moás, alí aparecía sen demora o Xeitosiño coa aixada ao lombo, como se andara a regar os prados. Que levaba as vacas para as Lamas, alí acababa por aparecer tamén el.
Camelia tiña bo trato, era limpa, cheiraba á herba e ás flores dos prados,... Pero tamén tiña coma unha auréola ao seu redor que sempre protexeu a súa virxinidade. Moito acaroóu Xeitosiño, pero nunca ela deixou que aquelas mans furgaran máis do debido.
As outras mozas xuntábanse nos eidos cando ían coas vacas, rían, danzaban, xogaban, e ata se peidaban coa risa. Camelia no. Ela nunca foi así de ordinaria. Ela era coma un anxo.
Cando andaba xa nos dezaoito anos comezou a medrarlle a barriga... E nos fiadeiros do inverno a xente empezou a murmurar que "mira a manxa borregas, a mosca morta, que parecía unha beatiña, e tal e que sei eu..."
Pasaron dez ou doce meses, e aquela barriga era cada día mór. Pero parir, non paría. Así que os pais decidiron levala ao xinecólogo, e resultou que preñada non estaba: inda tiña o virgo ben enteiro.
O xinecólogo diagnosticou que era todo aire, e deirivouna á consulta de Aparato Dixestivo.
Resultou que a doce Camelia nunca tirara nin peido nin cheirina. Así é que sometérona a unha dieta sen fabas, nin garabanzos, nin verzas, nin castañas,... e recetáronlle unha menciña para ir baleirando aquela inchazón.
Tamén isto se correu polos fiadeiros e soalleiras. E os mozos deron en chancearse de Xeitosiño con constantes comentarios como
--A ver, Xeitosiño, tés por aí o bombín para inchar a roda do tractor, que a esnaquicei nun garnancho dunha uceira?
Era o día da Feira do Gando máis importante das Portelas, andaba no feiral toda a xente da contorna e o recinto cheo de vacas, novelos e noveliñas. E foi nese intre preciso cando lle veu facer efecto a menciña á nosa Camelia. E foi tal o estoupido, que espantou toda aquela vacada, e toda a xente, polos camiños cara ás aldeas. Houbo vários feridos polas pezuñas e polos cornos de vacas e novelos. Inda que hai xa moitos anos, aquel día de feira nunca foi esquecido polas xentes até o de agora...

Camelia negouse entón a saír da casa, e decidiron levala a un convento. Pero a noticia chegara tamén aos conventos. E para que unha cousa así non voltara apasar nunca xamáis. as monxas adoutrinaron ás novicias para que non administraran o aire con criterios de aforro. Que hai que ventilar a miudo, e non estourar só co bandullo cheu, polo que poidera pasar.
Por iso é que os peidos das novicias están afinados nun tono menor, coma un agradable arpexio de clarinete.
Teñan vostedes un bo domingo. E unha palmada nas costas ao noso amigo Can Cun Quinqué No Cu. Que non é chinés, coma poidera pensar o amigo Peteretiño.

Moitísimas grazas padriño. Por certo, púxome un nome que me vai como anelo ao dedo. Agora non se esqueza de darme o aguinaldo cada día de reis.
A súa explicación excelente coma sempre, sin carencia de pelos nin sinais.
Pero o tema da incógnita non cheira a metafórico. As metáforas son boas para adornar os pensamentos, mentras que o cu ríxese polas leis fisiolóxicas. E cando apretan, como vostede ben sabe, apretan sen distinción de rangos.
O asunto rezuma un non sei que, así como un coñecimento de primeira mau. Pero fai vostede moi ben en guardarse para si a sua sabedoría.
Boa noite.
Can Cun Quinqué No Cu
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
O falar vai dos queixos, que din por eiquí...
Pero agora a Unión Europea vai poñer un imposto aos peidos das vacas!
Din que cada día unha vaca bota fóra 300 litros de metano, que é máis nocivo ca o dióxido de carbono dos vehículos...
Empézase coas vacas..., Verás tí se logo non veñen detrás de min, das burras peideiras, das novicias e de todo quisque...


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España