OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Qué razón tienes amigo, pero algo bueno tiene. Averiguas...

Pois cando non había tecnoloxías, daquela, contábanse contos nas lareiras nas longas noites de invernía.
Non coma agora, que cada un anda pasmado nas pantalliñas, en silencio, cos dedos a teclear sen descanso onde xa ni teclas hai.

Nunha daquelas noites así falaba o tío Rodosindo para toda a familia:

Ía un home coa aixada ao lombo por un carreiro, e ao pasar fronte unha corte, ollou por unha buraca e viu un carneiro dentro dela. Pensou de roubalo, que boa falta lle facía para ter algo de carne que levaren á boca na súa casa aquela mastragallada de fillos que Deus e maila muller lle deran.
Pero a porta da corte estaba pechada, e pola buraca non lle cabía o carneiro, polo que tivo que deixalo.
Cando chegaron as confesións na aldea, axeonllouse no confesionario e contoulle ao crego o que lle pasara:
--Ai don José, tiven un mal pensamento. O outro día quixen roubar un carneiro, pero tiven que deixalo porque non me collía pola buraca para sacalo para fóra, e non o saquei. Eu creo que non cometín pecado, xa que non o cheguei a roubar.
--Claro que pecaches, meu rei. Os malos pensamentos xa che son pecado. Arrepíntete, e de penitencia dáme agora mesmo un billete de cen pesos.
Entón o home botou man á carteira, onde so tiña un billete dunha peseta, e intentou metelo por unha guicha da ventanilla do confesionario, pero non lle entraba.
--No, non. Por aí non, dámos pola porta --díxolle o cura.
--Carallo, don José, pola porta tamén sacaba eu o carneiro!

Unha aperta para todos os apañadores de contos, antes de que se perdan polos sumidoiros do tempo tecnolóxico.

Tiene razón en lo que a tecnología se refiere.

Yo sigo con mi teléfono al cual le recargo la batería cada 15 días, y la factura oscila entre 24 y 60 ¡céntimos! al mes. Y nadie me puede mandar Wasaps desde dudosa procedencia, por ejemplo desde el WC mientras ponen el huevo.

Feliz Año.

Qué razón tienes amigo, pero algo bueno tiene. Averiguas cosas, compras, y también te estafan, si te despitas.
Acabo de llegar del paseo matinal. He estado cojiendo ortigas para hacer infusiones y las ojas para ensaladas
En el xiglo pasado fue muy consumido, ahora se le da de lado.
Esta en cualquier camino y no hace falta cuidarla, ella sola se defiende.

Para cojerla hay que llevar guantes, y solo se consumen las hojas.
Se escaldan en agua ardiente y el líquido se bebe. Sus propiedades son inmensas. Lo mejor gratis. La naturaleza lo ofrece sin más.