A VILAVELLA: Como alumno de Don Laureano, "el cual tenía una hábil...

O UNTO DA VELLA
Unha vez foron uns cuantos cazadores a cazar a unha serra e perdéronse, e foron dar a un lugar moi pobriño, onde buscaron pousada, sen achala ata que deron cunha velliña que vivía sola, que se compadeceu deles e que lles dixo que os deixaba durmir alí; pero que non tiña nada que lles dar de cear.
--Ben --dixeron os cazadores--; traemos nós caza bastante. Só nos fai falla unha pouca grasa para gobernala.
--Sí..., grasiña! Xa non acordo a probala.
--E logo vostede de qué vive?
--De qué vivo? De miseria. Dun caldiño sen grasiña e do leite que me dá unha cabriña que teño, que a vou muxir agora mesmo para cear.
E foi a vella e colleu un pucheiro e marchou ao curral a muxir a cabra. E mentres tanto quedaron os cazadores dicindo:
-- Pero esta xentiña vivirá como di esta velliña, sen probar a grasa? --dixo un.
--Ti créelo? --dixo outro-- Imos mirar por aí, xa verás como lle imos encontrar grasa guardada.
Anderon escachouzando por toda a casa ata que atoparon un anaco de unto nunha arca.
--Non volo dicía eu?. Eiquí tendes a proba de que nos engañou a vella.
Colleron o cacho de unto e botáronllo as dúas perdices que tiñan a guisar, e así que estiveron guisadas, cearon e foron á cama. De alí a un pouco ouviron fungar á vella que andaba furgando na artesa, na arca e por toda a casa adiante. De pronto veu cara onde a cama rancheira, na que se deitaran os cazadores, e díxolles, insultándoos:
--Desgraciados! Desagradecidos! Facer o que me fixestes despois de darvos pousada! Se neste mundo non se pode ser boa. Galopíns!
Daquela, díxolle un dos cazadores:
--Pero muller, vostede por qué berra tanto?
--Por qué hei berrar, desagradecidos? Tiña ese anaquiño de unto guardado coma unha reliquia, e coméstemo.
--Bó! Por iso non se apure, que xa lle daremos cuartos para mercar un unto enteiro.
--Moi ben! E esta noite como me arreglo? Era o untiño que tiña para untar as almorranas ao deitarme!

(Recollido por Don Laureano Prieto en Viana do Bolo nos anos sesenta).

Como alumno de Don Laureano, "el cual tenía una hábil forma de enseñar" gran maestro y amante de la naturaleza, tengo grades anécdotas de su persona.
Nacido en Carracedo da Serra, se dedicó a recopilar cuentos, fábulas y vivencias de nuestra tierra, contadas por los vecinos de cada pueblo.

Un recuerdo a su persona.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Celebro a casualidade, señor Camba. Non sabía quen era don Laureano. Apareceume nun libriño da editorial "O Moucho" que leva na casa 47 anos: "O Libro da Caza", "recollido do Pobo".
Alégrome de que o coñecera e fose alumno del. Tampouco sabía do seu maxisterio. Quizáis leva o seu nome o Colexio da Gudiña, agora que o penso. Convidáronme o ano pasado a dar unha conferencia na Casa da Viuva para os alumnos dese centro. Tratáronme moi ben.
Faime tamén ilusión que fose un mestre.
Imos ter que coñecernos ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España