OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Como vexo que anda de boca en boca a súa agulla percutora,...

Como vexo que anda de boca en boca a súa agulla percutora, señoría, aí lle vai este regaliño para o solsticio de inverno, con perdón do meu amigo Manuel María polo cambio dunha palabriña:

O CARALLIÑO
Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un caralliño de pau.
Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita cunha lata vella.
Ten orelleira, rabela
tan luída e rematada
que namora mirar pra ela.
O meu carallo é tan feito
que pode incluso esfender
labradíos a barbeito.
Teño xa que darlle estreno
ao meu carallo arador,
ao meu carallo pequeno.
E non sei onde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois pra xunguir.
Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un caralliño de pau.