A VILAVELLA: Baixo a prácida sombra dos castaños...

Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon pais:
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan de ose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡qué contos pracenteiros que amorosas
falas se din alí!
Risas que se oien nas seráns tranquilas
do cariñoso abril!
E tamén ¡que tristisimos adioses
se acostuman a oir!

Quen casa ten de seu, ten medía vida
unhas telliñas para nos cubrir,
catro paus que arden na laleira nosa,
¡e traballar sin fin!
¡Valor, valor,! espera desdichado,
mentras teñas aiquí
unhas paredes tristes e desnudas,
mais que heredache, infeliz,
e das que naide despoxarte pode.
¿Naide...? A misería sí.

(Rosalia de Castro)