Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Andaba unha loba cos seus marranchiños, pastando nun...

Andaba unha loba cos seus marranchiños, pastando nun prado ao lado de un muiño, cando apareceu por alí o lobo, que lle dixo:
-Eu quérote comer os marranchiños.
A cocha, que era muy lista, púxose a pensar como iba facer pra librar os seus marranchiños de que llos comera o lobo, e díxolle:
-Bueno, xa que te empeñas terei que cgos deixar comer. Agora que mira: Están sin bautizar i a min dame muta pena que morran así. O millor que fas é subirte ao rodecio do muiño, i eu vou polo lado de enriba e bótochos pola cal abaixo, de ese xeito pasan por auga e xa quedan bautizados.
-Bueno (dixo o lobo) por min non quero que haxa cousas mal feitas.
Subiuse o lobo ao rodecio i a cocha foi polo lado de enriba i en vez de botar os marranchiños, quitou os terrois que estaban tapando a auga e botou o muiño a andar. A cocha aproveitouse de que o lobo non podía baixar do rodecio e fuxíu pra casa, e o lobo quedaba decindo:
- ¿Paras bailón? ¿Tu paras ou non?....
Saudos.