A VILAVELLA: Varela. Ben seguro que pasache un bon rato co conto,...

(Conto popular)

Aquel crego tiña unha boa criada.
Unha tarde saíron os dous á horta, e deitáronse á sombra dunha ameixeira.
Encaramado na árbore estaba un rapaz, papa que che papa ameixas.
O cura maila criada comezaron a xogar, e como ela quedase de cara para arriba, decatouse daquela presencia non esperada e, bafexando, murmuráballe ao crego na orella.
--Señor cura, señor cura: un rapaz.
E o cura contestaba rosmando:
--Lo que salga, lo que salga.
--Señor cura, un rapaz, un rapaz... -teimaba ela.
E coma o cura andaba cara para abaixo, non vía ao rapaz enriba da ciroleira, polo que seguía a rosmar:
--Lo que salga, lo que salga.
Por fin, tanto insistiu a criada, que o crego mirou de esguello para arriba, e decatouse daquela de que aquel papaameixas estaba a ver toda a brincadeira.
Avergonzados, saíron os dous da horta, cheos de brozas cabelos, saia e sotana, como almas que leva o demoño.
Para o outro día o cura mandou cortar a ameixeira, e vendeuna para facer santos coa súa madeira.
O primeiro santo que fixeron dela foi a imaxe de San Benxamín, e o crego rezáballe deste xeito:
"Na miña horta te criache
ameixeira te coñecín
os milagres que ti fagas
que non mos conten a min."

Nunca imgine que este Meares tarde me rir coa historia do padre que ben, espero que tamén ten algo das nosas casas e como vivían antes.
Muy bueno, me he reido todo y mas.

Varela. Ben seguro que pasache un bon rato co conto, tes que pedirlle a Inda Cho Sei, que conte outro mui bon do cura do Tameiron, él non estaba no alto da figüira pero andaba cerca, está enterado.
Ballesteros, sigue contando algún relato máis, o tema non importa, son mui entretenidos, te explicas mui claro é ben.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Hola, amigo, gracias por tus palabras; siempre habría algo que contar, el problema quizá esté en saber si el receptor lo va a aceptar con la misma ilusión que con la que se escribe. A veces borro mensajes, antes de enviarlos, porque pienso que eso no le importa a nadie, que no va a gustar, sobre todo cuando cuento alguna anécdota en primera persona. Ya vés, todo lo contrario a lo que piensa algún "iluminado". Cuando escribo algo, lo hago con la satisfacción de que le gustará a quien lo vaya a leer, ... (ver texto completo)
Piño, creo que es una historia muy bonita, hace reir que es lo interesante y en Gallego mas cachonda aun. Estas son las cosas que hacen la vida divertida y pasajera. Yo espero que este hombre ponga alguna mas, y si es en Gallego mejor asi aprovecho para seguir aprendiendo.
Un abrazo amigo.