3 meses GRATIS

A VILAVELLA: ¿Por qué, miña almiña,...

¿Por qué, miña almiña,
por qué ora non queres
o que antes querías?

Era delor i era cólera,
era medo i aversión
era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!

Que hai uns negros amores de índole pezonenta
que privan os espritos, que tumban a concencias,
que morden si acariñan, que cando miran
queiman, que dan dores de rabia, que
manchan e que afrentan.
Máis vale morrer de friaxen
que quedarsé a súa fogueira.