A VILAVELLA: Moi ben Piño sigue asi, que os foreiros da Vilavella,...

Esta poesía de Rosalia de Castro, a mín e unha das que máis me gusta, será de que coincidimos coa autora, o ter que vivir moitos anos fora do lugar donde nacimos.

Adiós ríos, adiós fontes:
adiós, regatos pequenos:
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criéi,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantéi.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que vive o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento.

Amoriños das silveiras
que eu lle daba o meu amor,
camiñiños entre o millo,
¡adiós, para siempre adiós!

¡Adiós, groría! ¡adiós contento!
deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vín.

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero,
¡Quén pudera no o deixar...!

(Rosalía de Castro)

Moi ben Piño sigue asi, que os foreiros da Vilavella, Barxa, Pereiro, Lubian e bisbarra, sobre todo os que se encontran fora do estado cando lean a poesia é analicen o seo contido daranse conta do que é ter que emigrar.
Voulle adicar este foro esta poesia pero non ten o valor sentimental como a que nos deixou o Piño, que por certo un dos meos mellores amigos tamen lle chamamos o Piño pero este ben de Pepe.

Eu xunguin os meos boiciños
e lebeinos á arada
e no medio do camiño
esquecéume aguillada.

Erguinme pola mañan,
cediño de madrugada,
collin o carro e os bois
e funme pra miña arada.

Nin o vento nin o frio
nin o calor e a xiada,
meten medo o labrego
no traballo da arada


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España