No "Palau de la Música" de Barcelona, A VILAVELLA

Foi unha honra moi grande para os meus compañeiros e para min acompañar a Carlos Núñez no Palau de la Música o día 30 do nadal de 2006.
Magnífico o Palau e marabilloso aquel público que nos foi escoitar: Dúas mil personas que viviron un concerto inesquecible.
Daquela xa non era o director do Palau o señor Millet. Pero inda me lembrei da súa figura e da dos xerifaltes daquela Converxencia que utilizaron o emblemático manancial de cultura para a financiación doutras actividades e encher o peto á esgalla.
Agora vexo a Millet na cadeira de rodas buscando 400.000 euros para tratar de saír da cadea.
Que llos pida ao seu consogro, a aquel que pagou 40.000 para a celebración do voda no Palau. O tal Millet celebrou gratis a voda da filla no magnífico palacio, e inda foi quen de cobrarlle a mitade da tarifa ao seu consogro. Manda carallo!
(30 de Diciembre de 2016)
Onde dice 30 do nadal de 2006 hai que sumarlle 10 anos: 30 do nadal de 2016.