Contaban hai uns anos os das esquerdas aquelo de que un tal Aznar tiña a miningalla moi fraquiña, para poder metela nunha botella.
Mais os de dereitas non calaban daquela, e retrucaban en castelán, que éstes eran máis finos:
--Y Felipe González la tiene que tener muy olorosa, porque la mete en romero.
Eu observaba entonces a Inda Cho Sei porque, no canto de rir, sempre me decatei de que fruncía o entrecello, torcía o fociño e engruñaba as entrepernas cun aceno de dor, coma se a súa cousiña poidera esfolarse naquel intre.
Non lle vou facer ningún agasallo, señor Cho, porque vostede leva xa para cuarenta anos moi contento coa súa Silva.
... (ver texto completo)