Medullius (Mons Ciro = Monte de Ciro), MONTECUBEIRO

Visto desde Bergland. No cume hai pozas, das que beberon os celtiñas cando fuxiron dos seus castros ao ser atacados, cercados, polos romanos. Ao secárselles, no verán, optaron por suicidarse co zume dos teixos, antes que caer en mans dos romanos. O Centurión atacante, Ciro, dá nome actual ao monte; e tamén á parroquia de Cirio (realmente, antiguamente, de Ciro, porque foi o terreo que lle deron como xubilación).