LAÑAS: Hola Jesús! hermosos tus poemas. Te comento que soy...

O MEU CORAZON E UN PAXARO

Paxaros da miña terra
que por os aires voades
que lle cantades a Dios.
Paxariños dos meus vales.

Paxariños que piades
por os montes, por os prados;
a lembranza que vos teño...
faime o corazón paxaro.

Quixera voar con vos
por os vales de Barcala
por as ribeiras do Tambre
e por os montes de A Baña.

Piar por o Portalaxe
dende Fiopáns a Cabanas,
de Santa Comba a Negreira,
e facer o niño en Lañas.

Quixera voar con vos
n’esas mañáns soleadas,
quixera, pero non podo,
teño as aliñas atadas.

Voei buscando unha estrela,
voei a unha terra extraña.
Fixen o niño muy lonxe;
paxaros da miña alma.

Teño o peteiro sancrando;
teño un corazón de bágoas.
Non podo voar con vos...
Que me cortaron as alas!...

JESUS CAMEAN PAZ
BUENOS AIRES- LANUS
ARGENTINA

Hola Jesús! hermosos tus poemas. Te comento que soy gallego y vivo en Bs. Aires. Y mi familia paterna es originaria de A Baña. SALUDOS!


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España