ARES: Miña avoa materna, muller sobrevivinte de mil batallas...

Miña avoa materna, muller sobrevivinte de mil batallas como tantas outras da súa xeneración, tardei en darme conta de cando ela decía mais con os seus silencios que cando falaba, recordei co paso do tempo desmenuzando pequenas palabras que iba deixando caer, e co paso do tempo terminei dándome conta.
Faciao así porque o fin dela era informar, e ó tempo protexernos, non fóramos a patinar
Sempre tiña algún libro na man agás a lección que lle deu a vida que con ela non foi xenerosa, pero non quedaba outra, había que sobrevivir
É curioso, decíame que había que ir a misa, pero xamais a vin dentro dunha igresia, ela falaba de un Deus que se facía rodear dos mais humildes, xamais cuestionei nin debatin con ela, eu iba o meu e nada mais.
Tiña un caracter forte e de ideas ben arraigadas
Os seus silencios eran a súa virtude, os consellos cando calaba, deixabante reflexionar.
Era unha muller do seu tempo, en algunhas cousas escarmentada e que eu non coñecin pero o intuia.