ARES: Don Xosé, o mestre que nos daba clases particulares...

Don Xosé, o mestre que nos daba clases particulares a tardiña, na mesma aula que tiña asignada na Alianza Aresana, non puido acudir ese día por mor dunha leve indispodición, polo que os alumnos quedamos a xogar polas inmediacións do recinto.
Ata que vimos que a porta da Igrexa estaba  aberta, entón decedímos entrar. A min a igresia merecíame moito respeto pola educación que recibín na miña casa, os outros estou seguro de que tamén, pero unhos polos outros alá fomos... e subindo as escaleiras chegamos o coro, onde duas cordas baixando do teito daban as campás, eran duas, a grade dun son mais sordo e a pequena dun tilín tilín, non nos atrevimos a tirar delas para evitar a alarma e ter que sair correndo dando con as patas no cú.
Pero non recordo a cal dos nenos se lle ocurriu tocar o órgano e por medo a ser descubertos saimos correndo en estampida.
Logo, chegando o vello tilo, xa noiteciña decidimos trepar por él, e de súpeto un enorme resplandor asomou do ceo que por inesperado produxo espanto o tempo que soaban as sireas, e un dos nenos berrando exclama ¡QUE VEÑEN OS RUSOS! e vannos bombardear, o dixo convencido, no subconsciente do pobo residía a idea de que eran o menos igual o demo
A min veume a cabeza que era un castigo de deus polo acto de profanación que facía un intre se produxera na igresia, o caso e que cada quen marchou para a casa con o medo metido no corpo.
O día seguinte nos enteramos que na fábrica de Armas da Coruña fíxose unha queima con polvora que provocou o resplandor e a maiores, para rematala, soaron as sireas que chegaban a Ares como si foram ó lado mesmo xa que o vento chegaba de alà como para acrecentar o medo que se nos metía no corpo
A min esa noite o dormir supuxome un pesadelo
Estosería no ano 1959, me cago no jas que medo pasei! o mesmo, imaxino, que os demais rapaces que do sucedido nada falaron o siguiente día.