ARES: Jose Antonio era o nome dun porco que mantimos na casa...

Jose Antonio era o nome dun porco que mantimos na casa que sendo pequniño miña aboa mercárano na feira do vinteun ala en Cabanas.
Encargágame moitas veces de ceibalo á rua o tempo que sin previa autorizaciòn aproveitando un saco onde se gardaba a colleita do trigo ia eu vaendome dun prato sacaba e deixaba o grao na acera para que Jose Antonio degustara
Era un pracer ver os ollos de pracer que poñía cada vez que eu repetía a faena ata que miña aboa me pillou e puxome a caer dun burro
Si home si díxome, o que faltsba, co traballo que nos costou primeiro cosechalo logo segalo e mallalo para encher logo a semellante persoaxe
Entendín o mensaxe e dende entón e en clandestinidade mantiven a operación, era superior a mín absterme de ver a cariña que poñía José Antonio cada vez que sin que nadie me vera vertia na acera o contido do saco con o prato
Entre Jose Antonio e mais eu houbo certa complicidade, tanta que un dia ata pareceume que o ver acercarse a miña avoa guiñabame o porquiño un ollo
O dia da matanza alexeime o suficiente da casa hasta que a Jose Antonio non se lle poidera oir os berridos e o regresar alí aparecía tendido mentras lle queimaban con pallas ardendo o pelo para logo despezar
Xurei que desde entón non volvería o acercamento con os animais que trouxeran a casa. para o cebo, non queria complicidade con quen sabia que o engordar e no seu tempo, ian pasalo po-lo coitelo e no seu caso solo de pensar que como sucedeu con José Antonio, o que soio lle faltara falar