ARES: A cachola fainos as veces malas xogadas, a certa idade...

A cachola fainos as veces malas xogadas, a certa idade hai veces que non somos conscientes de que o noso tempo foi pasado e non queda outra que sobrevivir nun presente regalado.
Aier a caixeira do super agachou a recoller as monedas o pensar que eu ia ter dificultades para apañar o que accidentalmente había derramado o irlle a pagar.
Saio do centro comercial e o coller o autobus unha rapaza me cede o asento.
Hoxe tiven un día malo, duas mulleres sin intención o podo asegurar, levarónme a realidade que o inconsciente me esconde, eu e os que son como a min non temos futuro e po-lo tanto non queda outra que vivir o presente que mañá deus dirá
Ala vou a tirarme na piscina a ver o que sae.