ARES: Decido rompér-lo peto de barro que hai medio ano merquei...

Decido rompér-lo peto de barro que hai medio ano merquei na da Obispa e salen del un montón de patacons, e cal e miña sorpresa que tamen alguha moneda de peseta, e pensei, cousa da miña aboa.
Vou entón a casa de Tonucho e digolle si me acompaña a pasar a tarde de compras, e dime que si antes consigo que lle levanten o castigo, pois o parecer o dia anterior había rachado o pantalón o fuxir saltando o muro de pedra o ser sorprendido apañando nas peras de horto axeno.
O meu poder disuasorio dou resultado e alá fumos ambos los dous de compras sin antes deixar de oir, a ver que e o que facedes, esta e a última vez que sucede andádevos con ollo, e ti lacazán xa sabes como as gasta o teu pai con esa man que parece de pedra, estremeceuseme o corpo o pensalo.
E alá fumos, o primeiro escaparate na da Obispa, unhas jafas de cartón con lente de papel couché transparente, había que elixir o cor e dicidinme po-lo verde, pois miña aboa xa me advirtira que o roxo atraía as diluciñas e que estas chupaban a sangue, costaronme as gafas un real e de alí saín con aire interesante provocando a envexa dos demais e ante min ofreciase un mundo en un so cor, a pouco andar na ferretería vella merco un peón de madeira de buxo pois o piñocho por brando ten mais furados que un colador o cebarse os demais nenos en el cando o lanzar o seus peons rindose del dín: imos fura-lo pinocho, ahora teñemno mais dificil tócame a mín contraatacar, direille o meu psi que lle poña unha punta larga arrancandolle a que ten.
Logo fumos a de Campitos onde a Campitas atendía un viaxante que lle ofrecía mercancía, hoxe penso si o home nos estaría a aljo mais pois a Campitas non o quitaba den riba e eso que ela dicía que de todo estaba abastecida, en mentras tanto entretiñamos vendo as mercancias que había naquelas vitrinas: bisuterías entre outras cousas colonias a granel, e de pronto mirando para enriba e vendo o que alí habia tendido do teito doume un ataque de risa, unha bolsa de mallas con unha pelota de goma toda arrugada e un precio a bolígrafo marcado unha peseta, debia levar alí colgada uns cantos anos, tantos que, a punto de ser catalogada por antigüedade.. O viaxante pensando que me reía del mándame unha labazada que si non a esquivo ainda estou a día hoxe con cataplasma pegada a cara
Non pedimos explicación e saimos correndo pensando a ver que versión daba a Campitas non fora a ser que enriba nos tocara apañar na casa
A miña fustración foi non comprar un espello de bolso con cubertas de cartón para poder dar senales de sol como facían os indios nas películas que víamos no Radio Cine Ares