ARES: Bueno Chupito, recibe un forte abrazo virtual, en canto...

Non sei si recordan vostedes o bar que tiñan Militroncho e a Linda alí onde o Cine Radio Ares, tiña no escaparate e sobre un prato un bistec adobado con allo picado e pirixel e o redor del unha mosca picoteando
Pasaron anos e alí seguía o bistec xa encoirado e o redor del  a misma mosca,   ata que dicidiron trasladarse ata o ponte da Ziscada e alí instalaron o novo bar, e dalle que no escaparate no mismo prato o mismo bistec e a misma mosca, e que nadie mo negue a min que ainda a día de hoxe sería capaz de reproducir cal era o corte do bistec e a cara de satisfación que que tiña a mosca pola sua enchenta.
 Traspasado o bar a un tal Sabino o escaparate cambiou, aquelo xa era outra cousa; do tal Sabino non volvin a saber, da sua muller tampouco,  sei que tiñan unha meniña que hoxe debe de ser aboa
Do bistec e da mosca sei que terminaron na casa dos seus antiguos  donos pois despois de tanto tempo lles habían collido cariño.
Poden parecer estas cousas pequenas, pero sonche as pequenas cousas na que moitos nos identificamos e forman parte do noso ideario que describe a nosa patria real, outra cousa e rimbombancias e caralladas que non veñen o caso non creo interesen a nadi
Mira tu a quen lle pode importar quen foi o inventor do sain que se elaboraba nos almacens de salazón ou caralladas semexantes
Eu creo que a ninguén

Oe Luis, cando carallo vas escribir ó libro...
Cando escribas espero o presentes no Corte Ingles da Coruña. Se mos firmas mercoche unha ducea.
Gracias Amigo Luis.

Bueno Chupito, recibe un forte abrazo virtual, en canto o libro, todo e posible, non seria a primera conachada literaria que vira luz i enriba levar un premio.