ARES: Chovera fixera sol ou ventara os nenos facíamos vida...

Chovera fixera sol ou ventara os nenos facíamos vida na calle, cando se trataba do que nos chamabamos o Porto acudiamos a que daquela se conocía como   a solana, e a verdade e que facía honor o seu nome,  ali do saliente o poniente sempre lle daba o sol, onde  realizabamos os mais diversos xogos, algúns non exentos de certa crueldade de acordo o que se lle pode entender cando o practican os nenos, a galopa era un claro exemplo que o mismo tempo de activar lo corpo en contra da obesidade ian marcando as liñas xerarquicas que a natureza nos ofrece en fucion da forza inteligencia e ou habilidade, marcándose as xerarquias que nos proporciona a natureza si damos como aceptable a ley natural que a medida do pasar do tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar.
E que deberianse ter en conta a hora de prollectar a vida dos rapaces e do lugar que polas suas aptitudes poideran ocupar na sociedade si as suas actitudes son tido en conta e prollectadas enton hacia o lugar que lles corresponda, cantos talentos non se perderán, pero esas sonche cousas das leis de educación.
Tamén o Palco e en maior medida era lugar de concentración da chabalería, e no lago o campo de fútbol por sobradas razóns sempre que non estiveran as redes a secar por estar impregnadas de alquitrán, e a praia o lugar universal por excelencia, alí facíase de todo.
As nenas adicabanse mais a xogos de coordinación, non hai mais que ver quenes pola sua natureza dispoñen de mais habilidades a hora de chegar a idade adulta.
En fin, a calle era o outro instrumento que nos preparaba para a vida real do ser adulto en donde digan o que digan mantense a ley natural a marxe de outras pretensions pois digáse o que se diga, a lei da selva cos seus mais diversos disfraces sempre está presente na nosa vida
Quen de nos non levou couces ou codazos cando en algún momento tratou de adiantar pola razón que fora
Pois nos xogos ocurría o mismo e con eles aprendíanse a esquivalas o mismo tempo que nos preparaba para enfrentarnos a vida, non non era a escola,  era o seu complemento.