TRANSLACIÓN DE INCHAZÓN
Había daquela na miña aldea un carpinteiro moi maior que, cando deixou de facer e arranxar
carros, e de subir aos louxados para amañar as ripias, viña entreténdose na súa xubilación en facer badalos para os chocallos. Era o tío Farruco.
Tantos eran os badalos que daba feito, que xa non había chocallos para tantos; pero el seguía a facelos, sobre todo badalos grandes para zumbos, que así lle chamábamos nós aos máis mores dos chocallos.
El pensaba que non, pero era un segredo
... (ver texto completo)