Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Foi un pobre y andaba a pedir limosna, y chegou a unha...

Foi un pobre y andaba a pedir limosna, y chegou a unha porta y dixole a quen andaba cocendo, que si le podía facer un fourinchico y tirarlo no forno.
y logo despois aquel creceu tanto no forno, que non podían sácalo pola boca.
Despois foi engarrou y tirou outro mais pequeno, resulta que ainda saliu máis grande. Con que despois dixole que se marchara de alí ela y a súa familia para un alto.
y despois dixo:
Aiquí espeto o meu bastón
aiquí sai un gargallón.
Despois alagouse aquelo y de alí saliu o lago de Sanabría.
Agora decen que todos os anos o día de San Juán se oyen tocare as campanas as doce da noite todo aquel que esté en gracia de Dios.
y agora era uno que tiña unha vaca preñada y le trouxo dois vitelos. Pasou por eilli un señore y dixole que tuvera cuidau con aqueles dois vitelos, que non le sacara o leite a vaca, que tiñan eses vitelos unha virtú mu grande.
Despois foi a muller un día y deixoulos cuidare au home;
¡Ay ladrón! Tú que facistes? y entonces foi ela y arramou o leite por encima do lombo do vitelo.
Un día sacaron-os y picoule a mosca. Y despois o amo deciale:
Arriba buey Bragau, que o leite que te sacaron polo lombo te han tirau.
Y o que non habían sacado o leite, sacou do lago unha campana nos cornos, y u outro sacoula hasta flor da auga y volveuse a caer outra vez pra baixo.
Y despois dixole unha campana a outra:

Tú te vais Verdosa,
eu me quedo, Bamba,
hasta o fin do mundo
non serei sacada.
(contado pola tia María de Calabor)