Compramos energía a futuro

LUBIAN: Alá arriba na montaña,...

Alá arriba na montaña,
Sai fume das chimeneas...
Valor meu corpiño vello,
Leváime aló miñas piernas.
Paseniño, Paseniño,
Aquí para ali te sentas,
Irás chegando Xuana,
Adonde as casas fumegan.
¡Dios díante, a Virxe Che valla!
Que hoxe, seica... Seica... Seica...
Has de comer sete cuncas
De bon caldo, coa da cea,
é máis compango de porco
Ou de sardiñas salpresas,
Que os montañases son homes
Que cando dan dan de veras.
Dempois quentaráste o lume
Grande como unha fogueira,
É cando Xa estés ben que te,
¡a dormir.... e que amañeza.

Rosalía de Castro.