OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: O caso está ben gracioso, un se imagina o Manuel entrando...

Baixou un día desde a Escola ao bazar que había no pobo, para mercar algunhas cousiñas que farían falta no centro.
Cando voltou, acercouse a min con cara de non saber se contarme ou non o seu segredo. Por fin decidiuse:
--Inda, mira unha cousa... A señora de bazar é viuva, non si?
--Ë viuva, si.
--E o carteiro?
--Manuel? Non. Manuel está casado coa María. É o pai do Niní.
--Pois... enténdense. A señora do bazar e o carteiro... enténdense.
--E logo por que dices tal cousa? --preguntei, escarallándome xa coa risa.
--Porque entra no bazar, o carteiro, e xa por dúas veces o observei... Dícelle
con moito xeitiño: "Hola, amor".
--Claro, home. O carteiro sempre foi moi xeitoso no falar. E a señora do bazar chámase Amor.

O caso está ben gracioso, un se imagina o Manuel entrando no comercio, coa súa cara de bonachón, abrindo os ollos hacia a Amor pra saludala, o tal, diría esto está ben claro, aiqui hay un ligue en toda regla.
Así é a vida, a veces nos pensamos unha cousa, despois resulta ser totalmente distinto a realidad.