OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Aquela obriña de Xesús Pisón, "O Pauto", onde había...

Aquela obriña de Xesús Pisón, "O Pauto", onde había un bispo doente e choricas, levouna o grupo Matamoura ao pobo de Milla de Tera, xunto con "La Tuta y la Ramoneta", de José Luis Vilallonga.
Eran obriñas de media hora cada unha. Primeiro representouse "La Tuta y la Ramoneta" con xente como Pingadelo e outros e outras que non participan no foro. Unha das actrices era unha mociña morena, casada ela, de uns dezanove anos. O seu marido acompañaba aos cómicos, e estaba sentado entre os espectadores.
Ao comenzar a obriña do bispo, cando máis choricas estaba, berrou un mozo sentado ao carón do noso acompañante:
--" ¡Que le saquen a la Ramoneta, veréis cómo se levanta!"
As máis grandes gargalladas saíron da boca do marido daquela rapariga tan fermosa. Ao choromingas do bispo deulle un ataque de hipo...