LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Moitas graciñas, Blas....

Eu teño un can de palleiro sobradamente coñecido. Chámase Señor Gutiérrez, Guti para os amigos.
Non hai xuntanza de xente que non presida o meu can. Nos concertos, en primeira fila. Nas bodas, bautizos e enterros non entra na eirexa porque lle pechan a porta nos fociños.
Con isto das obras do tren raio, anda o lugar cheo de camións e camioneiros, e tódalas casas alugadas.
A outra tarde, coa terraza do bar ata os topes de cerveceiros, todos foron testigos de cómo perseguía un dos obreiros do AVE ao meu can.
Resulta que cando saía o home do súper cun salchichón de medio metro na man, inda sen desvirgar, veu o señor Gutiérrez por detrás, e trincoulle-lo limpamente, fuxindo Cachafuz arriba, como alma que leva o demoño.
O pobre do traballador perseguía-o sen folgos, mentras berraba:
--De quén é ese can, que me leva o salchichón?!
O can non soltaba gargalladas por non perde-lo chourizo ao abri-la boca.
Aquela noitiña, ao saír de casa cara ao bar, topeime na porta cunha etiqueta presa a un cordel. Decía: "Chorizos Mahuco. Calidad extra. 6,00 €".
Un minuto despois, cun Rioja na man, abordoume un señor descoñecido para min, pedindo unha indemnización por un salchichón que lle birlara o meu can.
Volvín a casa. Collín aquela etiqueta, e entregueille-la a aquel señor.
--Teña o que quedou do seu chourizo. Co can fale vostede, que el e máis eu hai xa dous anos que non nos falamos.

Inda; traeme o teu humor e historia a la memoria a meu tio Marcial (marcialon), un home de 1,92 de estatura y con un humor y gracia para contar as cousas que contagiava alegria en su sencillez.
Felicitaciones por tu estilo es muy grato leerte. (cuida o can que fala ben do amo; por lo inteligente)
Saludos

Moitas graciñas, Blas.
O Señor Gutiérrez leva desde o sábado sen pisar na porta, polo que non podo darlle lembranzas de vostede. No café explicoume o señor alguacil que o can anda polo barrio da Caralicha, onde hai un cadeliña á resolta, e parece que estes días Guti aliméntase de recendos (olores agradables).
En tódolos pobos hai un Marcialón. En Lubián, ata 1.976 chamábase Tío Perfeuto, que era meu avó materno. Xa me gustaría a min saber cuntar as cousas coma o facía el. Xubiléime con 60 anos o 31 de agosto do meu traballo de mestre, e non me importaría chegar a ser o cuntacontos oficial deste concello.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España