LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Hai xa uns trece ou catorce anos (e mentira parece),...

Hai xa uns trece ou catorce anos (e mentira parece), na publicidade que mandaba aos concellos unha axencia de viaxes do Levante español viña un billete de pega de 10.000 ptas: por un lado era billete, e polo revés era unha oferta de 10.000 ptas para o organizador da excursión, se lograba completa-lo bus, ademáis de dúas plazas de graza.
A cara do billete mesmo parecía auténtica.
Así é que dobleino ben doblado, para que ninguén mirase a outra cara, e metino no peto para ir toma-lo café no bar do Tito.
Pero antes xa lle fixera un buraquiño nun canto. (Así, se o descubría Tito, e non tiñas un can para o café, podías mirar para o buraco. "Mirar para o buraco" éche unha expresión que xa vai caendo en desuso en Lubián.)
Pero ademáis collín un par de metros de sedal do calibre 18, e atei o billete polo buraquiño.
Xa no bar, pedín un café e un DYC con carouxo, coma tódolos días. Logo con moito disimulo pousei no chan aquel extraordinario billete azul, mantendo a outra punta do sedal amarrado aos meus dedos, sentado nunha cadeira perto do mostrador.
O primeiro que picou, doblou o sarritán ao tempo de berrar o que alí había, e ao ver que o billete se movía, pensaba que era causa da corrente pola porta aberta, ata que viu cos seus propios ollos cómo subira deica as miñas mans, penetrando no meu peto.
--Vai para o carallo, argallán do demo. Co diñeiro non se xoga dese xeito!--foron as súas verbas.
A partires daquel intre, xa todos os clientes non fixemos outra cousa aquela tarde que chimpar chupitos, e pegarlle-la argallada a cada xentiña que ía entrando no bar.
Cando xa andábamos fartos da cousa, rompeuse o billete polo buraquiño do canto. e ríronse aínda máis todos ao comprobarmos que o billete non era o que parecía. E alí quedou no chan, esquecido entre os papeis das pedras de azucre.
Iso, ata que chegou un grupiño de mozos portugueses. Un deles acochou o falso billete debaixo do zapato, doblou as pernas e maila soá, facendo que andaba a ata-los amallós, e con moito disimulo meteu no seu peto aquel condenado papel, marchando con el para Portugal.
Qué sería del por terras extranxeiras?
Coitadiño, o meu falso billete de 10.000!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Pero hai que ver o bo que es contando chistes! Un fenómeno!


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España