LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Andaba a publicar a outra tarde no café un entendido...

Andaba a publicar a outra tarde no café un entendido na actividade primaria, explicando que na actualidade hai explotacións leiteiras nas que xa non fai falta muxir. As vacas leiteiras levan un chip, ou algo así, que as fai camiñar cara á máquina de muxir cando o pide o amoxo. E a muxidoira leva incorporado un monicreque robotizado que axusta as ubres nas ventosas.
Ao primeiro calaron tódolos ouvintes. Pero non tardou en reaccionar Holofernes da Adreida:
--Pois en Zamora hai un restaurante --dixo-- que ten incorporada unha granxa con trescentas pitas poñedoras ao seu carón. A súa especialidade son os ovos fritos. Que un cliente pide un ovo frito, vai o cociñeiro, diante do cliente, da un golpe co garfo na tixola, e ven unha galiña e pousa un ovo de contado na sartaña. Que piden dous ovos, da dous golpes na sartaña co trinchante, e veñen dúas pitas pondo suavemente un ovo cada unha na tixola para fritir.
--Home vai --dixo o entendido en granxas--. E se un cliente pide unha tortilla?
--Entón vai o cociñeiro --contestou Holofernes a bote pronto--, raspa durante sete segundos co garfo no cu da tixola, e daquela veñen tres galiñas, e abaneando o cu na sartaña, coma se bailaran unha lambada, deixan xa os ovos batidos para a tortilla francesa.
Carallo. Hai que ver os adiantos da vida, a pesares da crise.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España