LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: No patatal. Sentado nunha cadeira á sombra da mazaira....

No patatal. Sentado nunha cadeira á sombra da mazaira. Antonte. Onte. Hoxe. Pola mañá. A mediodía. No serán. No luscofusco.
Sempre na mesma postura. O Pensador de Rodin, co sacho na man?
--E logo qué? Andas a mirar como medran os saínchos? Non sería mellor arrincalos e aporca-las patacas en lugar de rasca-la barriga a sombra?
--Cala! Silencio!, que vas espantala...

Daquela baixou o sacho coma un lóstrego. Levantou o cu da cadeira, agachou a soá, e amosou o seu trofeo: unha preta toupeira!.
--Xa levo unha ducia delas nestes oito días, sen moverme do sitio.

Este tenche máis paciencia que San Pedro. (Perdón. É que eiquí o Santo Job eche menos coñecido.)


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España