LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Os cambios na vida dos nosos pobos levan unha aceleración...

Os cambios na vida dos nosos pobos levan unha aceleración exponencial.
O abó era labrego. Cargaba carros de esterco, de estrume, de herba, de leña, de ramallos, de torgos e de patatas.
Facía os renovos, a decrúa, a bima, a sementeira, a seitura, a carrexa, as mallas, a limpa...
O fillo xa non. É apicultor, e traballa coas abellas. Non con ovellas. No seu pobo xa non hai ovellas, nin cabras, nin vacas, nin leiras. As leiras xa son xestaregos desde hai vinte anos, a non ser unhas poucas que xogan a seren soutiños mentras o lume llo permita.
O neto só ten seis anos, e no seu pobo nunca vira unha leira sementada. Pero no pobo de súa nai, alguén que trouxo un feixe de més para casa, ensinoulle a facer unhas gaitas coas canas da més.
Ao regresaren para Lubián, pasando ao pé dunha leira sementada de centeo, exclamou o rapaz:
--Papá, papá!: Mira un campo de gaitas!


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España