LUBIAN: Non ouvira nunca FUSTRAS. Tampouco ven nos diccionarios...

Velaí outra palabriña nosa que non vexo nos diccionarios, nin xiquera no noso particular de Cortés: FUSTAXE.

"Pero qué fustaxe levas!" Esta expresión refírese a que non vas ben vestido, ou que andas enlarafuzado ou embulleirado, ou cheo de fariña,... Refírese á mala pinta que levas.

"Non fagas fustaxes". Así lle decía Lola ao Filipín cando facía "muecas", como torce-los fociños, ou xestos esaxerados.

¿Tamén se diría esta palabra fóra de Lubián?

Outra palabra máis que aprendo, fustaxe. No Pereiro nunca a oín. Miña nai usaba a palabra zapaldrán para referirse a persoa que andaba pouco arreglada ou cas faldras fora.
Ás cacaforras nos chamámoslle casi igual, cacaborras. Tamén se usa para referirse as persoas que están con frecuencia doentes.

Gel: Ten en conta que "fustaxe" non aparece en ningún diccionario. Igual é unha palabra que só se dice en Lubián.
Zapaldrán nunca o ouvín en Lubián, pero é sonora, e posiblemente a teña ouvido por aí adiante. Nós decimos BALDROGAS.

Amigo Inda: Cando eramos pequenos miña nai, desde que nos cambiaba me refiro a poñer roupa limpa, cando iamos despois algo manchados, utilizaba a palabra, menuda fustaxe que lebais xa caistes no bulleiro.
Un saudo.

Canto me alegro de que a palabra non sexa só de eiquí. Porque esa é unha das dúas acepcións que lle daba miña nai.

Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.

Non ouvira nunca FUSTRAS. Tampouco ven nos diccionarios ao meu dispór.
Sen embargo, ao buscar "fustras" no Estravís, vexo o adverbio FUSTRE, que significa "mal".
Pon como exemplo: "O negocio saíume fustre."
Paréceme que por aí anda a cousa, non?
Tamén encontro ese PALAFUSTRÁN de Gel: persoa nugallá e pobre. Home alto e groso. Palagartán.
(NUGALLÁ: feminino de NUGALLÁN, que significa "preguizoso, folgazán, desidioso, falto de vontade". Sinónimos: NUGALLAS, NUGALLÓN, LACAZÁN.)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España