3 meses GRATIS

LUBIAN: Antes de facer a autovía, era bastante corriente, desde...

Antes de facer a autovía, era bastante corriente, desde a Penagueira que ese monte que temos enfrente de Lubián, algunhas noites de inverno se puñan os lobos a aullar "con todo ó descaro" de chavales nos xuntábamos unhos cuantos (un solo tiña medo)é pasábamos ratos a escoitalos, era digno de oir, parecía a orquesta sinfónica, unhos facian os graves outros os agudos, despois igual eran tres e parecian dez, cambiaban de tono con frecuencia, tratábamos de imitalos desde os prados do Rebouzo, coincide enfrente pero ainda hay moita distancia, o notar que os aullidos se aproximaban algo, corríamos como as corzas cuando as persiguen.
Na aquela a xente se veía mui agobiada cos lobos, non solo entraban no cortello dos lobos (que era donde tiñan que ir) é que algunha vez se metían nas cuadras do ganado, donde a parte de arriba da casa era a vivienda das personas.
Foi o caso da familia da Josefa (ainda vive que o pode contar) o parecer tiñan un rebañito de ovellas, non moitas, pero mui boas é ben cuidadas, lógicamente dormian na corte, pero tamén había un corral con unha pared bastante alta, entre a corte é o corral había unha porta que se quedaba aberta, unhas ovellas dormian dentro, outras dormian no corral.
Dous lobos que viron semejante banquete, saltan o muro pra dentro e matarar ovellas sin parar, as que tuveron a suerte de non morrer arrumbaron a porta de fora é parte de elas creo que non volveron a aparecer nunca máis, outras con ese lio de escapar, cerrouse a porta da corte e ali quedaron encerradas con un lobo dentro.
Empezou a xente a acudir debido o auxilio que pedían a Josefa e a súa nai, é tamén acudiron os homes que estaban xogando as cartas na cantina do ti Perrachica, entre eles tamén estaba meu padre que no lo contaba máis de unha vez, total, que levantaron unha tabla do piso da cociña e con unha escopeta lle deron morte o lobo.