LUBIAN: Eu fun un pescador de troitas xa tardío. Aprendín a...

Eu fun un pescador de troitas xa tardío. Aprendín a pescar unha vez casado, inda que non teña nada que ver unha cousa coa outra (digo eu).
Non foi o caso doutro pescador máis novo; tan novo, que foi alumno meu nos meus tempos de mestre, tanto na escola como no río. Pois aínda fomos xuntos a pescar un día ó río das Hedradas, onde fixemos unha boa pescata.
Este novo pescador, ao que podemos chamar Chimpabrevas, sendo un meniño de moi poucos anos, atopou un carrete Segarra nun vertedoiro. El mesmo fixo unha cana cun pao de salgueiro, preparou unhas argolas cuns arames, e cun cacho de fío, un anzol e unha miga de pan, comezou as súas prácticas nun corral, desde o balcón.
Cada lanzada, unha pita. Subía a galiña deica o corredor, e o seu amigo Pikito, que era o dono das galiñas, liberaba a pola e botaba-a outra vez ao corral.
Cada vez quer vexo no bar o programa "Caza y Pesca", e miro ceibar o peixe outra vez na auga, lémbrome daquelas xornadas de pesca de dous alumnos. Ata que o pai de Pikito víu un daqueles lances, botou lume polos beizos, temblou o firmamento, e desapareceron para sempre aqueles apeiros.
Trinta anos despóis, Chimpabrevas sai cada ano retratado nun diário cando se abre a veda, con dúas boas troitas na man. E tódolos anos son as mesmas. É a inmortalidade do bó pescador, tan ben adestrado desde cativo.


Llama al 654409325, las mejores ofertas para Pueblos de España