Compramos energía a futuro

LUBIAN: Mañá de niebla algo chuviosa, o lameiro do Casar parecía...

Mañá de niebla algo chuviosa, o lameiro do Casar parecía a feira do Couto de Lubián, varias personas cada cual coas vacas da súa casa, todas xuntas formaban unha boa vacada, de repente deron en berrar e pelexarse unhas coas outras intentando conseguir o mando de mayorala, pros rapaces aquelo máis os xogos que faciamos por nosa conta, era pura delicia, de esto a estar nun prado sólo aburrido coas vacas de casa ¡menuda diferencia.!
A cousa cambiou no momento que a xente mayor que habia, acordaron de que era necesario separar o ganado en varias direcios é non se preparara semejante follón.
Unhos cuantos rapaces nos fumos hacia o Caneiro das Bruxas, Corga da Orguiña, buscando os pastos de aquel valle tan bonito. podo deciros os que non o conocen, que chama a atención aqueles piornais tan frondosos e con tanto pasto tierno e verde por vaixo, o rio pasa por mitad do valle, moita pradera e alguha laguna, hai troitas, na ladeira de Varón habia unhas boas matas de acebo, árbol que está protegido e ali nace el solo sin cuida de naide.
O Caneiro das Bruxas e algo así como unha portela, hai fragas considerables e pega mui ben o Sol, vista panorámica, probablemente, cuando na Inquisición na Edad Media, as bruxas eran tan perseguidas (millor dito a persona que lle caia o san benito de que era bruxa) deberon de buscar aquel valle como refugio po la moita vegetación que ten, e aproveitando alguha cova que por ali hai.
O día transcurriu sin grandes novedades, hasta media tarde que empezou a empeorar o a niebla cerrada que nos se veía nada, chovia fuerte medio nevando, facia friu, as vacas as que estaban paridas marcharon pra casa, as outras tiraban hacia a mallada de Patis buscando refugio, total que Toño máis eu por ir a darlle volta a unhas nevelas que se iban pra mallada nos perdimos, dabamos voltas e mais voltas nos cansábamos a andar é cuando nos dábamos de conta estabas no mismo sitio, ¡que desesperación! dicen que cuando e a niebla tan densa que atontona, estou de acuerdo.
Xa medio de noite, en un momento aclarou algo a niebla e pudemos ver o rio decidimos seguilo camiño de casa, pero claro, habia moita maleza sitios que imposible pasar, imaginaros andar po las Maseiras de Chaus de noite e chovendo e nevando. (este consello me o dou o Ti Perfecto q. e. d. me dixo un día, si te perdes na serra un día de niebla ó millor e seguir rio a baixo.)
Cuando chegamos a casa era medía noite pasada, a xente do pueblo saliron a buscarnos, tocaban cornetas o caracol, os guardias cos cabalos, nos como ibamos po la orilla do río non nos enterábamos de nada, moita xente nos recibiu na carretera nos daban abrazos e besos como si resucitáramos,íbamos cos pantalois todos rotos medio desnudos, gracias que non paramos de andar do contrario morriamos ateridos, este era o medo que tiña a xente do pueblo, eu recordo de xa estar na cama e sentir como regresaba a xente de buscarnos, e de como sonaban os cascos dos cabalos o pisar po la carretera.