OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Acabados os renovos botei as vacas pro caudillo, deixando...

Acabados os renovos botei as vacas pro caudillo, deixando solo na casa unha novela chamada Corala que trataba de amansar, e a Garbosa a punto de parir.
O tío José que era un home moi entendido, advertiume un día que como non le botara a miúdo o xugo encima a novela, podía non tela presta para herba nin a carrexa.
O problema era que na corte non tiña máis vacas, e cúa Garbosa naquel estado non a podía xunxir.
Dandole voltas ó tema, veume unha idea á cabeza que aviado puse na practica. No corral, lonxe das miradas dos veciños, a muller xunxiunos na camella dereita a Corala e na camella esquerda eu. Pra que a novela non se sentira estraña púseme unha esquila co colar adornado con monedas de 25 cts., e a máis a muller botounos por riba as coberteiras, en fin, xunxido de gala.
A muller de diante da “estraña parexa”, roxaba pra un lado, roxaba pro outro, recuaba, paraba…. E a novela mansiña nin se inmutaba, daba gozo vela. Tan embelesados estabamos nesta situación quen nin de contan nos demos que alguén abría o portalón.

¡Buenas tardes!, ¿Se puede?

¡Non sei pra que carallo pediu permiso!, aquel home colle o pendín corral adiante hasta chegar ó pé noso, eu naquelas condicións clavei a vista no chao, e por sorte, ó ter as coberteiras postas, o único que deixaba ás vistas eran as Catiúscas.

Me llamo Miguel y soy el nuevo Veterinario de Lubián, estoy presentándome a todos los vecinos del pueblo para que sepan adónde se tienen que dirigir cuando precisen de mis servicios. Vivire de pensión en el bar Celta. Ya nos iremos viendo…..

Ó día seguinte á hora do café atopeime cuel, estaba a falar coas autoridades eclesiásticas, de orden e o mestre do pueblo.
Aquel home non le quitaba ollo as miñas Catiúscas, mira por onde un carallo de un parche que le botara a unha delas delatoume.
Catro ou cinco anos morou entre nos Don Miguel, resultou ser un home moi do chascarrillo, e máis de unha vez me dixo: (“seria bueno que comprases un tractor, a tú edad es bueno cuidar esa espalda”), ó acabar escarallábase a rir, eu trataba de explicarle unha e outra vez o ocorrido, el escoitábame moi embelesado pra ó remate volverse a rir.
Certo é, que a cousa non era pra menos.

Calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia, máis calquera coincidencia pode ser unha realidade.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
¡Muy ben! me gusta ó relato. Hay que reconocer que tuveche moita suerte, mira que si lle da o veterinario por vacunar a parexa contra o errago, como facían varias veces, ¡liaba boa.!
Saludos.