OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: As cereixas do tiu Abel xa pintaban, e o Manolito e...

As cereixas do tiu Abel xa pintaban, e o Manolito e un servidor decidimos que seriamos os primeiros en probalas. A cousa non era doada, pois o cereixal estaba no corral ao pe da porta da casa.
Tratemos o xeito de acometer a acción, e mira por onde, aproveitando co tiu Abel, cúa súa parsimonia, viña cun carro de herba do Boullanzo xa cúa noite caída, prestémonos a axudarle a metelo na pallarega. Agradecido, fizonos pasar a cenar, ao saír mirémonos e dixémonos: " ¡a ocasion a pintan calva!". Encaramonemonos no alto do cereixal e, pin pan, pin pan... cando estando tan tranquilos engorxando caruñas, o tiu Abel que saí a ver que tal noite queda. Nun momento que nos parece que xa se mete pra casa acercase ao cereixal e ponse a tirar de pantalón, ¡buenooo!. A cousa ponse fea e alargase tanto que nos no cimo xa non sabiamos con que pe apoiarnos, por momentos se nos dormen as pernas, os brazos e hasta os pensamentos, o único que mantemos esperto e a napia. A tia Rosalinda saíu en dúas ocasións, " ¡mira que este home!, pero ¿queres vir á cama xa?"- ¡xa voooou! decíale. Ao cabo de unha hora metese pra casa, máis nos inda tuvemos que esperar cerca de dez minutos pra poder baixar a causa do entumecemento.
Co xeito de facer daquel home tan ocorrente, é doado pensar que estaba ao caso da nosa presencía no alto do cereixal, máis, decidiu castigarnos daquela maneira. De ahaberle pedido permiso a ben seguro que non se houbera negado, pero as cereixas sabián mellor canto máis dificultades tiñan.