LUBIAN: NOVO LIBRO DUN ESCRITOR DAS PORTELAS Ven de ser publicado...

NOVO LIBRO DUN ESCRITOR DAS PORTELAS
Ven de ser publicado o libro pra nenos a partir de 10 anos "O Dromedario Nadador", do escritor Xavier López Rodríguez de San Ciprián de Hermisende.
O libro fala de Xaquín, un rapaz que soña cunhas vacacióis en Canarias, onde traballa seu pai de albanel, mentres atura a compaña do seu fachendoso veciño Brais. A aparición, no casal onde vive con seus avós, dun pequeno dromedario que resulta ser un gran nadador vai cambiar algunhas cousas na súa forma de relacionarse cos que o rodean.
é un libro de Edicións Obradoiro, SA e Santillana Ediciones Generales, SL. Colección ALFAGUARA.
Pode ser leído tamén por rapaces de ata cen anos.
(O Mirador das Portelas).