LUBIAN (Zamora)

Mallada da cruz
Foto enviada por Manuel

Don Teolindo viñera da guerra con tres estrelas de seis puntas. Era un dos homes máis importantes do lugar, e inda hoxe a súa memoria e unha das máis respetadas pola xeneración dos máis sabios do pobo (Sabios, por aquelo da edade, que sempre é un grado, inda que non teña ese grado nin estrelas, nin puntas, nin rebolgois)
Por iso podedes imaxinar a vergonza que pasei cando, ao dar a volta ao penedo, ouvín xemer á miña esquerda, e vin aquela estampa imposible: Don Teolindo asubelando nunha burra!
Dei unha reviravolta coma un alustro, e fuxín coas punteiras dos zamancos, na procura de non ser mirado nin pola burra, nin polo honorable Don Teolindo.
Hoxe inda teño unha grande dúbida: aqueles xemidos... eran da burra peideira ou daquel admirado home? ... (ver texto completo)