LAS HEDRADAS: Hoxe vou escribir en galego. De cando en cando necesito...

Hoxe vou escribir en galego. De cando en cando necesito expresarme nesta lingua tan especial.... Por cuestións de traballo, nos últimos anos paso o día a ler en castelán, falar horas e horas en castelán,.... e sinto a necesidade de cando en cando de facelo en galego.
Pido disculpas por se hai alguén que non me entenda pero polo que vexo, a meirande parte da xente que participamos neste foro son da zona, e aquí falamos en galego, pensamos en galego e....
Para os que vivides lonxe de aquí deciros que segue a nevar."Año de nieves, año de bienes", que boa falla nos fai cos tempos que corremos...
Sofía, que mágoa que non te cheguei a ver durante eses dous días que estiveche aquí.
Se vindes para Semana Santa, e coincidimos, xa nos vemos e se non o verán xa está ás portas.
Saúdos agarimosos para toda a xente deste foro.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Estupendo que escribas en galego. A parte que disfrutas, os demáis podemos ir practicando o leer, escribir, na lengua que desde pequenos falamos na nosa terra, é coa xente que tanto queríamos, nosos padres, irmaos, amigos da infancia, en definitiva, con casi todos os do pueblo, escribir, naide nos enseñaba a facelo en galego, ahora nos está costando máis. Insistiremos aunque sea mal.
Me alegro que Sofía xa esté ben, pensaba que era menos complicada a enfermedad, ahora que xa pasou todo, a celebralo.
Estrella, ... (ver texto completo)
Estrella, haces bien escribir en gallego si así te sientes cómoda al fin y al cabo eso es lo que hemos mamado. Un abrazo.