OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

BARXA: Vexo noutro foro da contorna que andan a falar de Pontevedra....

Vexo noutro foro da contorna que andan a falar de Pontevedra. Eu vivín alí no curso académico 1.972-73. Traballaba de educador no Colexio Atlático, na rúa Padre Fernando Olmedo.
Unha tarde festiva tropecei na plaza da Estrela cun conocido que xa non lembro de que pobo era. Mais casi me atrevo a decir que ben poidera ser deste pobo de Barxa.
El andaba en Figueiredo de recluta e conseguira daquela un pase pernocta.
Fomos celebra-lo encontro aos bares e tabernas da rúa San Sebastián e alrededores. Non deixamos unha tasca para atrás. Unha cunca do país eiquí cuns mexillóns, outra de albariño máis alá cunhas ameixas na cataplana (que diría o amigo Zé das Carvalhas), máis arriba unha xarriña de ribeiro cuns bocadiños de polbo,...
O meu amigo acabou algo perxudicado, e non sabendo onde pasa-la noite, leveino conmigo para o colexio, e alí dormiu a mona el soíño nun cuarto para oito.
O día seguinte levantouse coa teima de que na derradeira tasca da noite anterior tiñan un water de ouro.
--Soñáchelo coa tranca, home.
--Non. Dígoche que no último bar que estivemos tiñan un water de ouro!
Así foi que o domingo, xa de mañá, repetimo-la faena na procura de tal descubrimento.
--Velo eiquí! Está é a tasca!
Entramos nela. Chamábase daquela Taberna Xon.
Ao entrarmos, non había ninguén máis que o camareta lendo o Diario de Pontevedra.
--Camarero --berroulle o meu amigo, que xa iba algo peneque-- A que nesta tasca teñen un water de ouro? A que sí!
O camareta reparou en nós cunha ollada penetrante, e voceou cara adentro:
--Xon! Xon! Sae, que está eiquí o que nos cagou no saxofón!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigo Inda Cho Sei: Graciñas polo relato das tuas vivéncias sendo mestre en Pontevedra. Creo que efectivamente o que colleo a tranca tan descomunal era de eiqui de Barxa que nese ano estivo na mili por Figueirido, eu nesa data tiña 15 anos pero xa lembro perfectamente quen podia ser, o que pasa e que marchou pra Australia,é non tornou nunca mais. O mellor toca nalgunha orquesta"o saxofón"
Unha grande aperta amigo Inda Cho Sei.