OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Llevo muchos años fuera de Galicia y me es muy difícil,...

Mire, bon home, creo que de poesía seille eu bastante máis. Non porque me considere máis que vostede, pero un mestre sempre terá relación coa literatura.
Unha cousa é a lírica do Século de Ouro, e outra moi distinta a poesía actual Eu poderia facerlle un soneto nun pis pas, un romance, un madrigal, unha "endecha". Pero a poesía deste intre vai por outros derroteiros. A rima e a métrica son libres. O fundamento está no ritmo.

Insultaba trabucado un engazo
desta lingua galega falador
a un alcalde que non lle da valor
ás nomeadas espetadas cun mazo.

Pero non é o meu estilo. Tampouco son poeta. Somentes son un mestre con trinta e sete anos de servicio, moi respectado polos alumnos, pais e máis, polos compañeiros e autoridades educativas, e moi respectuoso con toda a xente que trata. Non podería ser doutro xeito.
Utilizando a técnica chamada "palíndromo" --que algunha vez vexo que ten utilizado Ballesteros, dígolle o menu nome: Naibul Epilef.
Agora direille outra cousa: Efectivamente creei un día o personaxe da Pita Moñuda para dinamizar o foro de Lubián. Ese nome era o mote que lle tiñamos de cativos á filla dun garda civil, eiquí na escola do pobo. Esa rapaza era unha rapaza moi doadiña, que lle ensinou a "gracia de Dios" a moitos rapaces un pouco maiores ca min. Daquela xa pasaron cincuenta anos.
Pero xa me pasou dúas veces unha cousa. Eu son un analfabeto da informática, pero créame que hai xente que fai cos ordenadores cousas do demo. Hai un par de anos roubáronme o personaxe "Clementina de Murcia", que fora creado para uns determinados asuntos de Padornelo. E este verán pasoume o mesmo con Pita Moñuda. Outras mans, outro pensamento, outra clave... O novo personaxe a min paréceme máis intelixente, atrevido e gracioso do que controlaba eu.
Así como non quero entrarlle a vostede aos precipitados insultos, porque non debo, á Pita lévolle a corriente, porque é millor, e porque vexo que ten que tratarse dun amigo ou amiga que se anda a burlar de min.
Precisamente vostede trabúcase nun detalle. Un engazo non se cambia de calzoncillos, nin ten cu para meter botellas. Logo, según o meu pausado criterio, un home como vostede e coma min non debe ofenderse por unha broma, por inadecuada que pareza, porque vostede non é un engazo. Por outra banda, debemos entender que a intención do que escribe non parece concordar nestes casos coas interpretación dalgúns lectores, sobre todo se non se lee con calma.
Se fose eu o responsable e poidera arranxalo, estaría disposto incluso a unha palinodia, pola concordia que debe haber entre todos.

Inda que non lle guste este tipo de poesía, aí vai esta de 1.969:

"É certo
que todo se pon de acordo
que todo se consume
na calma serena dos laberintos da morte"

Cando se poñen comiñas, é que se trata dunha cita doutra persona. Neste caso trátase do poeta Paol Keineg. Que eu son de matemáticas, física e química, non poeta.
Permítame unha broma sin mala intención, e perdoe a prevención.
Quixera seguir con iso de:
De Santigoso o oso
de Lubián o can
de Rioconejos... (non me sai ningún animal con rima)
Unha derradeira cousiña: Hoxe viñeron a clase poucos alumnos e permitinme a afouteza de contarlles o contiño ese de devolverlle-la vida ao camello. Gustou. Espero que non lle pareza mal.
Boas festas. E se algo precisara algún día de min, a porta do meu despacho ao seu dispór.

Llevo muchos años fuera de Galicia y me es muy difícil, entender algunas palabras en su escrito, pero de todas formas, no es el escrito como tal, tan sólo es el fondo, con sus expresiones y mala uva, con que ha entrado en este foro, insultando a todos los de Villavieja.
Muy agradecido por tu ofrecimiento y lo que si le agradezco es, que en lo sucesivo, antes de escribir e insultar, piense las consecuencias.
Boas festas
Saludos
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Jamás he insultado a nadie.
La técnica de insultar para darse luego por insultado la he vivido durante veinte años de portavoz en una Diputación y en un parlamento autonómico. Es muy propia de determinado partido, que no es el mío.
Usted entiende muy bien su lengua gallega, pero cuando escribe como "casa" la desprecia, y cuando escribe como "engazo" dice que no la entiende. Espero que como "persona" sea usted menos confuso.
Felicidad no sólo en Navidad, sino en cada instante de la vida.