OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Que animada está a feira....

Que animada está a feira.
contenta se vei a xente,
hay moito pique nas vacas,
tratantes de Benavente.
¿Quien vende esta rojita?
pregunta o Pisaratas,
eu a vendo, aqui señor,
as duas las dou baratas.
Es que así tiene que ser,
no son vacas de dinero,
una está panda del lomo,
la otra le falta un cuerno.
¡Eh! "regaladas si que non"
non lle vexo ningún pero,
non veñas con gatimañas
de que son pro matadero.
Son valentes, traballan ben,
dan boas crias, ten bos dentes,
o corno é baixo non lle falta,
irán pra vida hacia Pentes.
Salen os camios cargados,
van os touriños bramando,
teñen cómo un par de anos,
van todos pro Pais Vasco.
Fanse moitas transaciós,
non da feito o veterinario,
pra Galicia é Castilla,
se vende moito ganado.
Ahora pra celebrar.
hay un bon pulpo na feira,
veñen varios de Verín,
a Chata a millor pulpeira.